CRTVG

Buscar

O comité de crise das Pontes reúnese este luns para analizar o peche anunciado por Endesa

Publicado o 29/12/2019 19:14
O comité de crise das Pontes reúnese este luns para analizar o peche anunciado por Endesa

O comité de crise das Pontes reunirase mañá ao mediodía para analizar a situación actual, logo de presentar Endesa a solicitude para pechar a central térmica. Nese comité están representados os grupos políticos, os sindicatos, os empresarios, os comerciantes e os transportistas do carbón. Este último colectivo anunciou que despois de Reis retomará o peche no concello das Pontes, suspendido hai apenas unha semana despois de máis de cen días de encerro.

Os camioneiros adiantan que haberá novas mobilizacións. Polo momento, para as oito e media da tarde de mañá hai convocada unha concentración na praza do Carme en defensa dunha transición enerxética xusta.

 

Noticias web

29/12/2019