CRTVG

Buscar

O comité de Alu Ibérica da Coruña non se fía dos plans de Riesgo sen pasar pola mesa industrial

Publicado o 14/05/2020 19:06

O comité de Alu Ibérica na Coruña reclámalles celeridade ás administracións para aclarar a situación da fábrica tras a súa revenda ao grupo Riesgo. Esíxenlle ao Ministerio de Industria que tome as rendas. Din que só así se pode garantir o investimento dos 20 millóns de euros comprometidos na planta que, segundo denuncian, levan xa 9 meses de atraso. Os traballadores ameazan con endurecer as medidas de presión se as súas nóminas corren perigo.

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alu Ibérica: "Que convoquen esa reunión o antes posible con todas as partes implicadas para que se esclareza o que está pasando aquí e se establezan as garantías industriais e de emprego que se pactaron" 

Noticias web

14/05/2020