CRTVG

Buscar

O comité de Alcoa pedirá medidas cautelarísimas para tratar de parar a execución do ERE

Publicado o 10/10/2020 21:42

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao vai presentar a próxima semana medidas cautelarísimas para intentar paralizar a execución do ERE que a multinacional anunciou este venres e que lle afecta a 524 operarios. Malena Orgales.

Trala decisión da multinacional norteamericana de despedir a 524 empregados e proceder á hibernación das cubas de electrolise, os traballadores urxen a intervención da factoría. Hoxe nos aseguraron que esta próxima semana presentarán nos xulgados medidas cautelarísimas para intentar paralizar o ERE anunciado pola multinacional. O próximo martes reuniranse coa autoridade laboral para preparar a impugnación do Expediente de regulación de emprego e solicitar a cautelar que paralice a decisión de Alcoa.

Así mesmo, avisan aos traballadores, de como teñen qe actuar en caso de recibir a notificación do despedimento por parte da dirección da Empresa. Entrementres, a comarca da Mariña continúa coas mobilizacións. Mañá os traballadores realizarán unha marcha dende o cruzamento do Castelo ata o acceso do complexo industrial acompañados dos estudantes da Mariña. Un colectivo que, di o comité de empresa, tamén se está xogando o seu futuro.

Noticias web

10/10/2020