CRTVG

Buscar

O comité de Alcoa alerta de que as condicións da nova subasta eléctrica ponen perigo a supervivencia da planta

Publicado o 03/12/2019 18:25
O comité de Alcoa alerta de que as condicións da nova subasta eléctrica ponen perigo a supervivencia da planta


O BOE publicou este martes as condicións da nova subasta de interrumpibilidade e os cambios que plantexa non convencen aos traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao. A poxa reduce a menos da metade os megavatios asignados na última subasta para os grandes consumidores de electricidade e ademais poñense en xogo bloques de produto moito máis pequenos. O comité de Alcoa alerta de que as condicións da nova subasta poñen en risco a supervivencia da planta e reclámanlle ao goberno que tome medidas. Mañá mesmo está convocada unha concentración as oito da tarde en Foz e estudan realizar unha gran mobilización en Lugo ante a falta de respostas do Goberno central.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019