Sanidade podería revisar as medidas ante a explosión dos casos entre os novos
• O comité clínico pide prudencia porque "non hai vacinas para todos"
Segundo os datos de Sanidade, a incidencia acumulada da covid en Galicia é inferior á estatal pero hai dous tramos de idade que preocupan porque rexistran un aumento importante de contaxios. A incidencia a 14 días entre os de 20 a 30 anos achégase aos 200 casos, e entre os rapaces de 12 a 19 anos está nos 220 casos por cada 100.000 habitantes. O conselleiro de Sanidade volve pedir prudencia porque as vacinas dispoñibles son para os de máis idade.
"Gustaríanos ter moitas máis vacinas para eles, non as temos, pedimos desculpas por iso", di o conselleiro
O comité clínico do martes analizará a nova situación e non se descartan cambios nas medidas de seguridade. Con todo, o titular de Sanidade da Xunta explica que a situación é diferente proque agora están pendentes da incidencia de casos por tramos de idade e non tanto de evitar a saturación dos hospitais.
"Medidas que noutros contextos funcionaron e puxemos en marcha... pois hai que ver se nesta situación diferente, e que os hospitais e as unidades de críticos sigan no estado que están agora, pois o comité clínico fará propostas adaptadas a esta situación" engade
Este aumento de positivos ten moito que ver co macrogromo de Mallorca. Un dos dez estudantes que seguían nas illas por dar positivo recibiu a alta.
: "É moi probable que estea de camiño a Galicia porque as súas caraterísticas epidemiolóxicas son moi distintas, contactamos coa Dirección Xeral de Saúde Pública e consideramos que esta persoa podía reincoporarase á vida normal". afirma Durán
Os outros nove foron trasladados ao hotel habilitado polas autoridades baleares para as corentenas. E os cinco positivos dos 20 mozos que regresaron esta semana pasada tamén evolucionan ben.