CRTVG

Buscar

Sanidade acorda novas restricións ante o aumento de casos de coronavirus

Publicado o 20/07/2021 23:12

O comité clínico que asesora á Xunta reuniuse este martes para analizar a evolución epidemiolóxica dos concellos galegos e así determinar as medidas que se van aplicar. A decisión non se saberá ata o mércores, e será o presidente da Xunta nunha conferencia de prensa que terá lugar a partir das 10:00 da mañá quen informe das novas medidas.

Algunhas das decisións que se consideran son que nas zonas con máis alta incidencia da covid−19 se esixa certificado de vacinación ou proba negativa para acceder aos locais de hostalería. A medida aplicaríase en cidades como Ourense. O presidente da Xunta avanzou que este é un dos concellos que vai subir no nivel de restricións. Feijóo di que non hai risco de colapso nos hospitias pero que é necesario tomar novas medidas polo ritmo de aumento dos contaxios.

O comité estuda tamén a posibilidade de prohibir as reunións durante a noite, unha vez pechen os locais de hostalería e de ocio nocturno. Outra das decisións que está sobre a mesa é a redución do tamaño dos grupos en espazos públicos e privados.

Tamén o comité clínico analiza a conveniencia de recuperar certos usos da máscara en exteriores ou incluso que se esixa certificados de vacinación ou de probas diagnosticas negativas para acceder a locais de hostalería e así evitar decretar peches nos concellos cos índices máis altos de contaxios.

dobre de contaxios que hai unha semana, o dobre de hospitalizacións e o dobre de ingresos nas UCI. As cifras demostran que o dique contra a quinta vaga non funciona e por iso se estudan máis medidas: por exemplo, prohibir toda xuntanza unha vez pechan os bares.

 

Noticias web

20/07/2021