CRTVG

Buscar

O comité clínico avalía esta tarde a situación en Galicia

Publicado o 21/12/2020 08:33

Aquí en Galicia, o comité clínico réunese hoxe de novo para avaliar a situación. E non se descarta que modifique os plans previstos para o Nadal.

Unha reunión que terá lugar ás cinco e media da tarde na que o comité clínico analizará as medias que hai en vigor e tamén as recomendacións a seguir nas festas de Nadal.

Na Consellería de Sanidade están preocupados porque se rompeu a tendencia á baixa que levou á desescalada de decembro.

Nunha entrevista na Radio Galega, Julio García Comesaña destacou a mala evolución en Santiago, que volveu pechar perimetralmente, e en Pontevedra. Ourense tende á estabilidade mentres que en Ferrol e na Coruña os contaxios seguen á baixa.

O conselleiro cre que nas zonas onde a evolución é positiva poderían aliviarse algo as restricións cara ao Nadal. Pero non descarta endurecelas onde a situación continúe agravándose.

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade destacou que non tñen enriba da mesa agora mesmo esa situación de ter que ir máis alá nas medidas que recomendamos o martes pasado, pero tamén dicimos que en calquera momento esa situación pode cambiar.

Quedará pechado o equipo de sanitarios voluntarios encargados de vacinar os galegos. Comezarán case con seguridade o próximo domingo, sempre que as vacinas cheguen o sábado como está previsto.

Serán 2.000 enfermeiras, case todas de Atención Primaria, que xa se están formando e que poderán vacinar miles de persoas cada día.

Julio García Comesaña destacou que, se todo vai ben e as vacinas van chegando cunha cadencia normal, pois cremos que en abril ou nese contorno poderiamos ter vacinada unha porcentaxe importante de poboación.

Con todo, Sanidade non descarta que o próximo ano, no 2022, haxa que facer algún reforzo ou modificación relacionado coa vacina.

 

Noticias web

21/12/2020