CRTVG

Buscar

O comité clínico apunta a un uso máis estrito das máscaras para frear os contaxios

Publicado o 19/07/2021 11:32
O comité clínico apunta a un uso máis estrito das máscaras para frear os contaxios

Os membros do comité clínico que asesoran á Xunta sobre a pandemia non descartan que na reunión deste martes se recomende endurecer as medidas restritivas ante a nova repunta da pandemia.

Nunha entrevista no Galicia por Diante da Radio Galega, a doutora Marina Varela Durán, xefa do Servizo de Anestesioloxía do Hospital de Pontevedra, dixo que, na súa opinión, para afrontar a nova repunta da pandemia é necesario recuperar o uso da máscara a maior parte do tempo.

A doutora Varela, membro do comité clínico, insiste en que o uso da máscara é unha medida de protección fundamental para frear a expansión da variedade delta do coronavirus, con maior capacidade de transmisión que as anteriores mutacións.

Tamén explicou que o aumento de casos activos xa está causando un incremento das hospitalizacións e dos ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos. 

A doutora Varela sinalou que a situación nos hospitais galegos non é aínda de risco, pero fixo un chamamento á poboación sen vacinar para que extreme as medidas de protección.