CRTVG

Buscar

O comisario José Ángel González, terceiro membro do gabinete de crise que dá positivo por COVID-19

Publicado o 31/03/2020 20:48
O comisario José Ángel González, terceiro membro do gabinete de crise que dá positivo por COVID-19

O número dous da Policía Nacional, o comisario principal José Ángel González, deu positivo nas probas do COVID-19, aínda que se atopa ben e na súa casa, segundo indicaron fontes policiais.

González, director adxunto operativo (DAO) do corpo, é o terceiro contaxiado por coronavirus entre os membros do gabinete de crise que cada mañá comparecen en conferencia de prensa telemática.

Antes del, deu positivo o DAO da Garda Civil, Laurentino Ceña, e despois, o luns, o director de Emerxencias do Ministerio de Sanidade, o doutor Fernando Simón.