CRTVG

Buscar

O comezo da semana trae tempo seco, pero frío

Publicado o 02/12/2019 14:42

Comezamos semana de estabilidade anticiclónica. Cun descendo das temperaturas que xa se deixa sentir na rúa. Son moitos os que botaron man dos gorros, bufandas e luvas para combater o frío que chegou de cheo.

Atrás queda novembro nun lugar destacado na historia da meteoroloxía galega. Choveu todos os días. Pontevedra, por exemplo, pechou o mes con 420 litros por metro cadrado, o dobre do que soe caer. Choveu máis que en Santiago, A Coruña ou Ferrol. Pola contra, Ourense foi a provincia más seca.

Agora toca abrigarse ben. Agárdannos madrugadas moi frías e, en consecuencia, xeadas durante as horas da mañá.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019