CRTVG

Buscar

O comercio, tamén damnificado polo peche da hostalería

Publicado o 09/11/2020 15:00

Primeiro dia laborable tras a entrada en vigor do peche dos negocios de hostalería en A Coruña. E este era o ambiente ás 11 da mañá na rúa Galera, paralela á rua Real, no centro da cidade. Unha zona ateigada de bares que habitualmente sería un rebulir de xente almorzando ou tomando o cafe de media maña. A imaxe de hoxe fala por si soa. E o ambiente desanxelado nas rúas ten consecuencias noutros sectores, entre eles o comercio.

Malia o desánimo que perciben na sociedade e que o tempo tampouco axuda, os comerciantes confían en que a situación revirta e mesmo os favoreza.

A imaxe máis crua desta crise é a que transmiten carteis coma este anunciando traspasos ou peches de negocios. Na rua Real, uns 20 locais cesaron a actividade.

 

Noticias web

09/11/2020