O comercio recupera o seu horario, pero a hostalaría seguirá pechada
• A ensinanza universitaria presencial volve o 1 de marzo
• Feijóo: "Quero abrir máis e máis rápido, pero non podo"
A Xunta decide manter o nivel de alerta máxima no país, aínda que alivia algunhas restricións para o comercio. Así o decidiron logo de avaliar a situación epidemiolóxica de Galica, segundo os últimos datos do Sergas.
O presidente da Xunta salienta a efectividade das medidas. A incidencia acumulada a 14 días dende o 30 de xaneiro baixa de xeito notorio, dende 779 a 400. Feijóo asegura: "Fomos capaces de conter a presión hospitalaria".
"Melloramos respecto a nós mesmos e melloramos respecto á media de España", di o presidente, que sinala que Galicia é a comunidade "coa menor positividade", 4,62 %, segundo os datos do venres do Ministerio de Sanidade.
"Están sendo útiles as medidas? A resposta é que si", asevera Feijóo. https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/ixkOP0lyGf
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
Non é suficiente
Con todo, esta boa evolución non é suficiente para adoptar medidas aperturistas. "Os datos non amosan aínda unha melloría suficiente", di Feijóo. O comité clínico entende que os niveis nas UCI non son "razoables", pois seguen por riba do pico da primeira vaga (178).
"Os datos non amosan aínda unha melloría suficiente", recoñece o presidente da Xunta. As UCI seguen en niveis preocupantes. https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/IXohxZhojP
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
A prioridade é reducir a incidencia para poder levar a cabo a "desescalada gradual". Nese sentido, as decisións adoptadas serán "avances graduais e medidos" para que non "sexan pasos en falso nas vindeiras semanas". Pídelle á cidadanía manter a prudencia. "A incidencia sobe máis rápido do que baixa", lembra.
Apela tamén á cautela por "xustiza" cos máis afectados: o sector hostaleiro, o máis castigado nesta pandemia polas medidas, e o sector sanitario, que vive día a día o lado máis duro desta crise. Feijóo agradece o labor do persoal sanitario, con especial fincapé no que traballa nas unidades de coidados intensivos.
Non podemos
"Gustaríanos abrir todo e máis rápido, pero non podemos". Asegura que están traballando para evitar un confinamento. "A non interacción social é a que reduce os contaxios", asevera Feijóo.
Sobre as vacinas, advirte de que "as doses que chegan son moi limitadas" e o resultado que agardamos terá que esperar ata que sexa "determinante", por tal razón pide prudencia á cidadanía.
Os acordos do comité clínico de expertos
O acordo é manter Galicia en restrición máxima e levar a cabo seis aperturas graduais:
• O estudantado universitario retomará as clases presenciais o 1 de marzo.
• O luns 22 de febreiro retómase a ensinanza musical, agás para instrumentos de vento e canto, polos riscos de contaxio.
As clases presenciais nas universidades galegas volverán o 1 de marzo. As ensinanzas especiais retómanse o 22 de febreiro, agás as clases de instrumentos de vento e canto. https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/3FRiC9ztxx
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
• A partir do mércores, o comercio recupera o seu horario e unha ocupación máxima do 50 %. Os centros comerciais seguirán pechados as fin de semanas.
O comercio recupera o seu horario cunha ocupación do 50 %. Os centros comerciais seguirán pechados nas fins de semana. https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/ibsIt8O1Qc
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
• Sobre o deporte, permítese a apertura de instalacións ao aire libre e reábrese a práctica deportiva federada.
Reábrense as instalacións ao aire libre para o deporte individual e retómase a competición federada autonómica. https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/gXkmKB7P49
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
• As estacións de servizo atenderán os transportistas no interior naquelas vías de altas prestacións. Comerán individualmente.
Os transportistas acreditados poderán comer no interior de restaurantes de xeito individual e estacións de servizo nas "vías de altas prestacións". https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/Qzyt8ZBpJV
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
• Permitirase a actividade cultural en bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, cines e teatros ao 30 % de ocupación máxima.
Volve permitirse a actividade cultural cun 30 % de capacidade máxima.
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
Máis información aquí https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/dEqVQDLQ2N
Amplíase a frecuencia de visitas ás residencias de maiores xa vacinados. Isto implica que os xeriátricos permitirán que dous familiares de referencia de cada usuario poidan realizar ata tres visitas á semana. Canto aos centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD), sempre que pasasen dez días desde a segunda dose, retomarán as saídas de fin de semana.
A hostalaría seguirá pechada, cando menos, unha semana máis. O próximo luns o comité clínico volverá avaliar a pandemia e, se segue a tendencia á baixa, proseguirá na "desescalada gradual" aplicando medidas de apertura, sobre todo co ollo posto na hostalaría. "É preciso reforzar a seguridade" antes de dar o paso, di Feijóo.
A previsión do comité sería que, ao tempo da reapertura da hostalaría, puidesen levantarse varias das restricións, como a das reunións de non conviventes.
Aínda non abre a hostalaría. "É preciso afianzar o conseguido para poder dar ese paso e tamén reforzar a seguridade para que, cando o deamos, esteamos nas mellores condicións posibles". https://t.co/4uTZEz97LJ pic.twitter.com/cM9LdrL6nz
— G24 (@G24Noticias) February 15, 2021
Preocupan as novas variantes
Feijóo confirma que a variante británica é "predominante" e recoñece a preocupación polas demais cepas do virus, que "producen un maior ritmo de contaxio".
Sinala o perigo destas cepas pola baixa inmunidade que hai en Galicia, que sufriría máis o impacto. "Hai a metade de poboación inmunizada por pasar a covid−19 que no resto de España", apunta, arredor dun 4 %.