CRTVG

Buscar

O comercio recupera o seu horario habitual, pero os centros comerciais seguen pechados na fin de semana

Publicado o 15/02/2021 15:42

• O comercio non esencial poderá abrir máis aló das seis da tarde, pero mantén as restricións de ocupación no 50%. Os centros comerciais deberán seguir pechados durante as fins de semana.

O comercio non esencial poderá abrir no seu horario habitual a partir do mércores.

As restricións horarias suavízanse e a falta de coñecer todos os detalles ata que se publiquen no Diario Oficial de Galicia, os comerciantes teñen previsto recuperar os horarios anteriores ao 27 de xaneiro.

Nas tres semanas de máximas restricións uns optaron por pechar polas tardes, outros fixaron horarios continuados e hai quen mantivo o horario partido, pero reducido. En xeral, aseguran,as vendas resentíronse.

A capacidade no interior dos locais manterase limitada ao 50%.

No caso dos centros comerciais deberán permanecer pechados durante as fins de semana como ata o de agora.

Noticias web

15/02/2021