CRTVG

Buscar

O comercio online aumentou un 40% en 2017 entre os galegos

Publicado o 03/01/2018 14:44

O consumo online medrou entre os galegos un 40% en 2017, chegando a unha media de 1.650 euros por persoa.

Ocio, viaxes, industria téxtil e electrónica foron no ano pasado os sectores en que máis gastamos os galegos. Un estudo dun portal de comercio electrónico di que máis do 20% dos enquisados realiza unha compra por Internet cada 15 días . Para este ano que acaba de comezar, os datos revelan que moda e ocio centrarán a meirande parte das nosas compras online.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018