CRTVG

Buscar

O comercio local sae á rúa no Street Market de Lugo

Publicado o 14/05/2019 14:41

En Lugo este martes desenvólvese o Street Market, en que o comercio local sae á rúa para vender os artigos que aínda teñen de temporadas pasadas. Co bo tempo que vai e con descontos de ata o 80 por cento, o éxito parece garantido, con un sol amable e as rúas cheas de xente interesada nos produtos que ofrecen os comerciantes de Lugo.

É unha venda moi atractiva porque ao sacar a mercadoría á rúa, parece que as cousas enchen o ollo máis axiña.

"Naceu na crise para sacar os stocks", explica Marta López, presdidenta da Asociación de Autónomos de Lugo.

Malia que o máis común é atopar roupa, no Street Market tamén se ofrecen outras mercadorías como xoias, colchóns ou pezas de decoración. En total participan noventa comercios e ocupáronse unhas vinte rúas da cidade. A media mañá hai tal animación que parece un día de festa. Os postos estarán na rúa ata as nove da noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019