CRTVG

Buscar

O comercio local ourensán lanza unha plataforma de venda en liña

Publicado o 05/05/2020 20:56


Maistendencia.com é a nova plataforma do comercio local de Ourense. Unha selección de produtos, organizados por categorías, que nos achega virtualmente aos escaparates da cidade.

Luis Rivera, Presidente de 'Ourense Centro': "Empezamos no peor dos escenarios das tendas físicas, pero, para as virtuais, non o hai mellor. Hoxe, o que precisamos é proxección, nas redes sociais, vía online...".

Marta abriu hoxe con cita previa. A reapertura dista moito de ser unha volta á normalidade. Confía en que a plataforma virtual anime aos clientes que aínda non deron o paso de entrar na tenda.

Marta Soto González, 'Serie B': "Haberá xente reacia aínda a vir, así que é unha axuda tamén para comprar, e para nós para vender".

Ás facilidades da compra en liña, din, súmase, neste caso, a proximidade dos vendedores, e non se refiren só á distancia física.

Fernando Varela, 'Varela Íntimo': "A confianza de que somos comercios locais, que é fácil vir protestar se algo sae mal, e non fai falta falar en inglés, podemos falar en galego e castelán, porque estamos na mesma cidade".

A iniciativa xurdiu na zona centro, pero aspiran a sumar outros espazos da cidade.

Noticias web

05/05/2020