CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O comercio galego abre no primeiro domingo da campaña de Nadal

Publicado o 01/12/2013 14:46


O comercio galego abriu hoxe as súas portas no primeiro domingo da campaña de Nadal. As principais zonas comerciais da nosa comunidade sumáronse a esta inIciativa que pretende facilitarlles aos consumidores as súas compras tradicionais nestas datas.

A campaña do Nadal reactivará a contratación nun 10% e os comerciantes confían en que tamén o fagan as súas vendas para mellorar o balance do ano.

Calcúlase que un 70% da poboación reducirá as súas compras do Nadal pola crise económica. Aínda así, as familias españolas terán un gasto medio extra neste período de entre 600 e 1500 euros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí