CRTVG

Buscar

O comercio electrónico cae un 31% despois da segunda semana de confinamento

Publicado o 15/04/2020 20:24

Na segunda semana de confinamento as vendas na Rede caeron un 31%. Segundo un estudo elaborado polo experto en comercio dixital Guillem Sanz, despois do 21 de marzo descenderon sectores que tiveron grande auxe ao comezo, como os deportes. Case ao mesmo nivel, un 35%, baixaron as vendas en roupa e calzado. Por iso, algunhas tendas optaron por poñer en marcha ofertas.

Neste informe, a xardinería e o material escolar son os que máis soben, cerca do 80%, coa prolongación do confinamento. Por riba do 35% recupéranse as manualidades, que caeran ao principio, e, sobre todo, o viño, cun ascenso do 40%.

Para a elaboración deste estudo, o consultor analizou unha mostra de 100 negocios dixitais, agás alimentación, entre o 21 de marzo e o 7 de abril.

Noticias web

15/04/2020