O comercio de Burela ofrece descontos a quen consome na hostalería que está aberta con produtos para levar
Burela é un dos 60 concellos galegos que ten pechada a súa hostalería. So abren algúns negocios que ofrecen produtos para levar. Por iso, ante a delicada situación do sector, o comercio da vila decidiu poñer en marcha unha campaña solidaria.
Unha campaña da que se van beneficiar todos aqueles clientes que acudan aos establecementos de hostalería que permanecen abertos para dar comidas ou outras consumicións para levar. Con un tícket poderán dirixirse a algún dos establecementos que se sumou a esta campaña e obter un desconto directo do dez por cento.
A campaña está a ter unha boa acollida entre os veciños e sobre todo entre os hostaleiros de Burela, que agradecen o apoio e din que iniciativas coma esta poden contribuir á supervivencia dos seus negocios.
É unha campaña que está aínda nos seus comezos e á que pouco a pouco vanse sumando comercios non so de Burela, senón tamén de Viveiro, localidade en que tamén tiveron que pechar os negocios hostaleiros. A iniciativa vaise prolongar ata que bares e restaurantes podan abrir de novo as súas portas.