CRTVG

Buscar

O comedor social de Cangas, a piques de ser desafiuzado

Publicado o 14/01/2019 14:07

Levan dez anos dándolle de comer a todo aquel que o precisa. É o comedor social de Cangas do Morrazo e agora non saben canto tempo van permanecer neste lugar. O dono do local cedeuno por un alugueiro simbólico, un euros ao ano, pero, por circunstancias da vida, perdeuno todo e o banco fíxose coas súas propiedades. Non saben que vai pasar.

Danlles de comer a cincuenta persoas ao día, os martes hai repartimento de roupa e cada xoves entregan paquetes con víveres para as familias. Ademais, todo aquel que o necesite, pode asearse nestas instalacións. Escribíronlle unha carta a Amancio Ortega para ver se lles pode axudar para poder traballar sen medo a teren que marchar.

Son moitas as empresas que colaboran con este comedor social regalándolles alimentos. A xente que ven ata comedor social, cando marrcha, leva unha bolsa con comida para poder cear. Os usuarios teñen unha dieta moi variada. A poxa do local tivo lugar en Madrid e polo de agora non saben que vai pasar con este comedor social.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019