CRTVG

Buscar

O comecio local dos concellos pequenos, beneficiado polos peches perimetrais

Publicado o 14/01/2021 14:33

Santiago estaba pechado perimetralmente xunto con Teo e Ames, pero a partir desta noite a capital e Ames estarán pechados individualmente. Isto que significa?, pois que os desprazamentos só se poderán facer por causas xustificadas, pero non para comprar, por exemplo. O gran prexudicado neste caso é o comercio compostelán, que xa o vén acusando desde antes do Nadal.

O beneficiado neste caso é o comercio da contorna, que recuperou os clientes locais. Así, a campaña de Nadal foi moi boa para o comercio en Bertamiráns, un dos núcleos do concello de Ames. Comerciantes de Ames que falan dunha campaña de Nadal moi boa.

Non obstante, cren que o peche perimetral individual agora ten un dobre fío; por unha banda, perden a competencia do comerco compostelán, pero, por outra, perden os clientes de concellos máis pequenos da contorna que adoitaban mercar en Ames.

En xeral, o que acusan no sector é o vaivén das restricións. Aseguran que xeran desconcerto. Apostan por medidas contundentes para acabar co problema sanitario.

Noticias web

14/01/2021