CRTVG

Buscar

O combustible é un 6% máis caro que hai un ano

Publicado o 06/12/2019 16:28


No arranque desta ponte da Constitución os prezos dos combustibles mantéñense estables en Galicia.

Na nosa comunidade este xoves o custo medio da gasolina e o gasoil estaba en 1,32 e 1,24 euros respectivamente.

En xaneiro 2019 a gasolina custaba 1,21 euros y e o gasoil 1,17, así que encher o depósito dos vehículos implica un incremento dun 8 por cento no caso da gasolina, e dun 6 por cento no do gasoil.


Con respecto a decembro de 2018 os prezos subiron un 8 por cento na gasolina e un 5 por cento no gasoil.
Coa unificación fiscal dos combustibles en tódalas autonomías no pasado mes de outubro, os prezos en Galicia non notaron a alza que sí repercutiu noutras comunidades.

No resto do país os carburantes encareceron levemente na véspera desta ponte festiva, un 0`54% no caso da gasolina e un 0`33 por cento no caso do gasoil, pero están por debaixo dos niveles máximos que alcanzaron hai sete anos.


 

Noticias web

06/12/2019