CRTVG

Buscar

O Coliseo da Coruña acolle este sábado un concerto de Xoel López coa Orquestra Sinfónica de Galicia

Publicado o 25/09/2020 13:41

Así, cun ritmo brutal, como di a canción, soa a música de Xoel López interpretada xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. Nos ensaios é doado percibir o bo entendemento persoal e musical.
Para Xoel López, esta experiencia é un soño cumprido.

Xoel López, músico: "Unha sensación como de ir nunha nave 'nodriza' xigante. Algo que sempre soñei porque eu escoitei moita música con orquestra, con arranxos sinfónicos, e é a primeira vez que teño a experiencia de facelo coas miñas cancións. E a sensación é fermosísima".

É unha sensación que comparte o director da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Dima Slobodeniouk, director da Orquestra Sinfónica de Galicia: "É unha pasada facer música con Xoel e a banda. As cancións son moi melódicas, moi bonitas, e mesturalas coa Orquestra Sinfónica é unha idea moi boa. Estou moi contento".

Porque, segundo nos explican, as composicións adáptanse moi ben a este formato.

Xoel López, músico: "Eu xa tiña esta parte máis acústica, máis melódica, e a verdade é que agora entendo que casan moi ben".

A cita é este sábado, ás oito, no Coliseo da Coruña. Os ensaios son só unha pequena mostra do resultado desta fusión musical.

Noticias web

25/09/2020