CRTVG

Buscar

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña destina 100.000 euros a protexer e axudar os facultativos

Publicado o 09/04/2020 14:22

20.000 profesionais sanitarios contaxiados e 34 médicos falecidos en España, dos que 21 traballaban na Atención Primaria.

Ante estes datos, o Colexio de Médicos da provincia da Coruña decidiu destinar o correspondente ás cotas dos colexiados dun mes a investigación, medias de autopotección e atención psicolóxica dos facultativos.

Xa abriron una conta especial en Abanca (ES76 2080 0058 1330 4003 3560) cunha dotación inicial de 100.000 euros.

Invitan a facer achegas a outras empresas, institucións e particulares co obxectivo de recadar o máximo posible para investilo en investigación, formación e seguridade de médicos e de pacientes.

Noticias web

09/04/2020