CRTVG

Buscar

O Colexio de Médicos de Ourense denunciará ante a Fiscalía as agresións contra os facultativos

Publicado o 25/11/2019 15:09

O Colexio de Médicos de Ourense denunciará directamente ante a fiscalía as agresións que sufran os facultativos da provincia. É unha das medidas para combater a violencia nos servizos de saúde, e para que as agresións non queden impunes.  

As 13 agresións a médicos que aparecen rexistradas en Galicia durante o ano pasado non son máis que a punta do iceberg dun problema maior, segundo o Colexio de Médicos de Ourense.

O Colexio de Médicos e a Fiscalía de Ourense poñen en marcha un novo procedemento para facilitar a denuncia das agresións e protexer o facultativo.

Para protexer o ámbito privado, a denuncia poderá levar o enderezo do colexio e non o do médico. Desde 2015 o Código penal contempla as agresións aos sanitarios do sector público como atentado contra a autoridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019