O Colexio de Médicos da Coruña denunciará médicos "negacionistas"
Publicado o 22/08/2020 22:09
O Colexio Oficial de Médicos da Coruña anunciou este sábado que denunciará os colexiados "negacionistas". Nun comunicado afirma que porá en coñecemento da Fiscalía as recomendacións destes facultativos que rexeitan a existencia da covid-19 e que se opoñen ás máscaras.
A Xunta Directiva sostén que a actitude destes profesionais constitúe unha irresponsabilidade grave e supón un perigo serio para a saúde pública. Tamén advirte de que procederá á apertura de expedientes disciplinarios por presuntas infraccións do Código de Deontoloxía Médica.
Máis sobre A Coruña
17/01/2021 14:30