CRTVG

Buscar

O Colexio de Avogados de Ourense mobilízase por Arián González, detido durante as protestas en Cuba

Publicado o 19/07/2021 14:55

O avogado residente en Ourense que foi detido durante as protestas e Cuba enfróntase a unha acusación de atentado. Este delito pode supor unha pena de un a tres anos de cárcere para Arián González, que foi arrestado pola policía cubana cando se atopaba na illa visitando a súa nai.

O Colexio de Avogados de Ourense continúa coas xestións para interesarse polo detido, que ten a dobre nacionalidade. Están en contacto co embaixador de España en Cuba e tamén lanzaron unha alerta no Observatorio Internacional de Avogacía en Risco.

Noticias web

19/07/2021