CRTVG

Buscar

O Colexio de Arquitectos alerta da deterioración do barrio coruñés do Orzán

Publicado o 03/06/2019 14:45

Na Coruña, veciños e comerciantes denuncian o estado ruinoso en que se atopa unha morea de inmobles do barrio do Orzán. Tal é así que desde o Colexio de Arquitectos alertan da perda de patrimonio. Todos eles piden medidas e defenden a rehabilitación da zona porque cren que lle daría ao barrio máis movemento económico e residencial.

En estado ruinoso e coas fachadas cubertas con teas de obra. Así están unha morea de edificios do barrio do Orzán, na Coruña.

Os veciños aseguran: "Hai moitos a piques de caer". "E é un perigo porque pasas por aí e pode caerche algo na cabeza".

Os expertos mesmo falan de perda de patrimonio.

Roberto Costas, presidente da delegación da Coruña do COAG: "Hai un bo número de pezas de valor patrimonial que se están a perder".

Cren que o barrio podería recuperarse cunha visión máis integral e estratéxica que inclúa o fomento do alugueiro e a implantación do comercio.

Roberto Costas. Presidente da delegación da Coruña do COAG: "Subvencións, si..., para rehabilitar edificios, incentivos para o comercio...".

Contan que algúns inmobles do barrio xa foron rehabilitados. Así que agora confían en que os máis deteriorados corran igual sorte para poder recuperar esta céntrica zona nun breve período de tempo.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019