CRTVG

Buscar

O colesterol pode aumentar ata un 10 % nas persoas que fixeron excesos durante o Nadal

Publicado o 07/01/2019 15:48

Nas dúas semanas que dura o Nadal, a metade da poboación gana peso debido non só á cantidade, senón tamén á calidade das comidas festivas. O maior consumo de graxas, doces e alcol non só engorda, senón que desaxusta niveis importantes para saúde. 

José Ramón González Juanatey, xefe de Cardioloxía do CHUS: "Aumento do colesterol e da glicosa, e aumento da presión arterial porque seguramente estabas consumindo máis sal".

O cardiólogo Ramón Juanatey recomenda comer menos, facer exercicio e, sobre todo, reducir a inxestión de azucre.

José Ramón González Juanatey, xefe de Cardioloxía do CHUS: "Durante moito tempo centrouse o debate no perigo das graxas, e a min gustaríame centralo no azucre, que ten un efecto prexucidicial moito maior que as graxas, porque se transforma en graxa tamén".

O cardiólogo compostelán lembra que os refrescos conteñen grandes cantidades de azucre e recomenda non dárllelos aos nenos. Para recuperarse dos excesos do Nadal, tanto el como a Federación Española do Corazón aconsellan incluír na dieta froitas frescas, legumes, noces, aceite de oliva virxe extra e moito peixe.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019