CRTVG

Buscar

O colectivo de xordos reclama intérpretes nos centros hospitalarios galegos

Publicado o 26/09/2020 14:56

Concentracións pacíficas das persoas xordas diante dos principais hospitais galegos. Queren reclamar así, co gallo da celebración do seu día Internacional, intérpretes da Lingua de Signos nos centros hospitalarios. Aseguran que sen unha atención accesible, as persoas xordas están en risco. É unha demanda que xa ven de lonxa, pero que din, é máis necesaria no actual contexto provocado polo coronavirus.

Hai novas barreiras como o distanciamento social, a atención telefónica, ou o uso de máscaras, que impiden a comunicación entre o persoal sanitario e as persoas xordas, co conseguinte risco para a súa saúde.

 

Noticias web

26/09/2020