CRTVG

Buscar

O 'cohousing' chega a Galicia: envellecer xuntos e de xeito activo

Publicado o 02/07/2020 18:38

Envellecer xuntos de xeito activo e con autonomía. É o desexo dun grupo de vigueses que, para conseguilo, se uniron nunha cooperativa. Buscan a cesión dun terreo onde poder construír un edificio onde compartir convivencia. Unha alternativa ás residencias de maiores que permite ás persoas máis capacidade de decision sobre as súas vidas na vellez. Noutros países xa funciona con éxito

Estes terreos poderían converterse no lugar onde cumprir o soño deste grupo de amigos e agora tamén socios dunha cooperativa. Creárona cun obxectivo: poder envellecer xuntos mantendo a súa capacidade de decisión intacta.

Por iso loitan pola cesión dun terreo que lles permita construír un inmoble onde poidan envellecer de xeito activo con iniciativas que manteñan vivas as súas capacidades e relacións sociais respectando a súa intimidade

Este fenómeno triunfa xa noutros países. En Galicia hai varias iniciativas pero esta é a primeira que se constitúe oficalmente. Xa contactaron con diferentes administracións na procura de apoios e buscan socios que queiran formar parte deste ilusionante proxecto para "ancorar" na vellez

 

Noticias web

02/07/2020