CRTVG

Buscar

O coello de Pascua reparte a domicilio os agasallos dos padriños e das madriñas de Arteixo

Publicado o 04/04/2021 14:42

Leva o carné de conducir en regra e o maleteiro ata arriba de agasallos. O coello de Pascua fai o repartimento de porta a porta, entregando casa por casa os agasallos que lles envían as madriñas e os padriños aos seus afillados.

"Como os nenos querían algo máis ademais do roscón, decidimos engadir un libro ou un xogo educativo. Todo empezou así", relata unha libreira de Arteixo.

O coello traballa man a man cos comerciantes de Arteixo, que sempre andan na procura de novas maneiras de dinamizar os seus negocios.

A idea para a campaña de Pascua foi todo un éxito. O xerente da asociación de comerciantes e hostaleiros explica que a xente pode facer as compras nun ou en varios establemecentos e "nós recollemos eses paquetes e facémosllos chegar ao afillado ou á afillada na súa casa a través do coello de Pascua".

A madriña de Álex e de Martina vive en Madrid e non puido viaxar, así que optou polo repartimento a domicilio. Coa entrega feita, o coello de Pascua volve poñerse en ruta.

Noticias web

04/04/2021