O COE postúlase a favor da federación e na contra de Miguel Alvariño
• Alejandro Blanco dixo no seu día que se respectarían as prazas olímpicas de 2020
Caso Miguel Alvariño. Caso que esta mañá pasou polos xulgados. Sorprendentemente, o presidente do COE, Alejandro Blanco, que no seu día dixo que se respectarían as prazas olímpicas de 2020 para 2021, asinou un informe contra o arqueiro galego e a favor da federación española.
Este é o escrito o que tivo acceso á Televisión de Galicia asinado por Alejandro Blanco no que se especifica no seu inicio que apoia a defensa da federación española de tiro con arco na demanda civil formulada por un deportista de dita federación.
O COE postúlase a favor da federación e na contra do deportista. Neste caso Miguel Alvariño.
A defensa de Miguel Alvariño solicitaba medidas cautelares para que se anulara o proceso selectivo proposto pola federación e que obrigaba o arqueiro pontés a volver a demostrar a sua valía pensando en Toquio 2021. Ou que se acordara, como en Londres 2012, premiar o deportista que clasificou a España nesta modalidade.
A xuíza que leva o caso non deixou que testificaran nin o actual adestrador de Alvariño nin o actual. Na contorna de Alvariño, sorprendidos negativamente coa actuación do ourensán Alejandro Blanco.
A próxima semana haberá decision xudicial.