O 'Códice Calixtino' e o 'Cancioneiro da Biblioteca Vaticana' xa están en Santiago
O Códice Calixtino e o Cancioneiro da Vaticana xa están en Santiago. Foron recibidos esta mañá na Cidade da Cultura, onde formarán parte de Galicia un relato no mundo, a primeira gran mostra internacional do Xacobeo XXI, que abrirá as súas portas este venres.
Chegaban onte a Santiago procedentes do Vaticano. Esta mañá os técnicos da Cidade da Cutura trasladaban as pezas dende o depósito de seguridade á primeira planta do Museo Gaiás para descubrilas e facer a revisión técnica.
O Liber Sancti Iacobi é un dos tres únicos códices calixtinos iluminados que se conservan no mundo ademais do orixinal de Santiago.
Pola súa banda, o Cancioneiro da Vaticana recompila 1.200 cantigas medievais dos autores máis destacados da tradición galaica-portuguesa.
Estas dúas pezas de valor excepcional exhibiranse en Galicia, un relato no mundo, a gran mostra que acollerá a Cidade da Cultura a partir deste venres.