CRTVG

Buscar

O cociñeiro Pepe Solla comparte as súas receitas para o confinamento

Publicado o 24/03/2020 14:02

Cantos de vostedes están a recuperar o pracer de cociñar ou descobren o xeito que teñen para os fogóns? Agora poden facelo da man do cociñeiro Pepe Solla.

O chef galego distinguido cunha estrela Michelin e propietario do coñecido restaurante Casa Solla pasa o confinamento facendo deporte e as tarefas da casa a cotío e tamén gozando das súas actividades favoritas: a cociña e a música.

Ambas as dúas paixóns únense no festival Portamérica, que se celebra a principios de xullo na carballeira de Caldas de Reis. O restaurador encárgase de seleccionar o equipo de cociñeiros internacionais que prepara as tapas para o público asistente aos concertos de músicos das dúas beiras do océano Atlántico.

Un almorzo saudable e variado e un menú elaborado con conservas son as primeiras propostas que Solla comparte nas redes sociais do festival Portamérica.

Noticias web

24/03/2020