CRTVG

Buscar

O Cocido Day, tendencia nas redes sociais

Publicado o 11/03/2017 18:32

Nesta cuarta edición sumáronse a chíar e a comer cocido restaurantes de México, Cracovia, Londres, Dublin, de toda España e por suposto de Galicia. En Barro, ademais de comer, os bloggueiros participantes coñeceron o entorno do concello

O Cocido Day volve a conseguir ser tendencia nas redes sociais. Nesta cuarta edición sumáronse a chíar e a comer cocido restaurantes de México, Cracovia, Londres, Dublin, de toda España e por suposto de Galicia. En Barro, ademais de comer, os bloggueiros participantes coñeceron o entorno do concello. 

O Cocido Day está en boca de todos. E nunca mellor dito, porque os participantes desta iniciativa non só comen, senón que falan moito do que comen. E no só falan tampouco, escriben, fotografan e gravan vídeos, todo para compartilo en internet e poñer de moda comer cocido unha vez ao ano, pero en todo o mundo á vez.

Esta iniciativa de catro amigos amantes do cocido consegue, por cuarto ano consecutivo, converterse en tendencia nas redes sociais. Non só dende todos os recunchos de Galicia e de moitos puntos de España chiaron sobre o Cocido Day, tamén dende México, Cracovia, Londres e Dublín.

En Barro, este grupo de bloggueiros e expertos no entorno 2.0 tan só pararon de teclear para contemplalas vistas, para probar os viños ou o vermú e para comelo cocido. Agora xa só lles quedan 364 días para poder repetilo momento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2017