O coche compartido é unha opción de viaxe que cada vez prefiren máis galegos
Compartirmos coche cunha ou varias persoas para ir ao traballo ou para movernos en vacacións é unha opción que gaña adeptos entre os galegos.
É unha alternativa de viaxe ao transporte público, económica e máis flexible en horarios e destinos.
Miguel vai viaxar de Santiago a Ourense no seu coche esta mañá, pero antes de coller o volante bota man do teléfono. A rutina repítea cada vez que se despraza no seu vehículo.
"Na aplicación, metemos a hora a que saímos e o número de pasaxeiros que van ir. Quedamos nun local e a unha hora. Adoitamos poñer dez euros cada pasaxeiro", asegura este codutor que comparte o seu vehículo.
O prezo das peaxes e do combustible é unha precocupación menor para Fátima, que acostuma buscar nunha aplicación instalada no móbil coche e condutor que a leve ao seu destino.
"Esquéceste sobre todo desa preocupación de estares ti soa comendo a cabeza coa viaxe; é máis levadeiro, sobre todo nas viaxes longas", asegura esta usuaria habitual do coche compartido.
Este xeito de viaxar, en coche compartido, é unha opción que gaña adeptos en Galicia.
Condutores e pasaxeiros coinciden nos motivos da súa elección.
"Para compartirmos gastos, e por ecoloxía . Hai que mirar polo planeta", di Miguel. "Para non viaxar soa e para compartir gastos", afima Fátima.
Abaratar custos si, pero a normativa é clara: cobrar aos pasaxeiros é legal sempre que non haxa ánimo de lucro e se pague unicamente unha parte dos gastos.