CRTVG

Buscar

O COB remata contra o Cáceres (73-67) a serie negativa de derrotas

Publicado o 10/01/2021 14:57

E finalmente si se puido disputar esta mañá o Ibereólica Renovables Ourense-Cáceres, que quedou pendente onte dunha proba PCR a unha persoa convivente. Deu negativo. E esta mañá, no partido, chegou un triunfo reparador para o equipo ourensán logo de cinco derrotas seguidas. O partido fronte ao Cáceres decidiuse nos instantes finais, cun parcial de 11-3. A tríade formada por Mikel Úriz, Menzies e Adonys Henriquez liderou a terceira vitoria co COB no que vai de liga.

Noticias web

10/01/2021