CRTVG

Buscar

O COB regresa ao camiño das vitorias en Castelló

Publicado o 25/01/2020 12:08

Trabalalda vitoria do Club Ourense Baloncesto na cancha do Castelló. O equipo de Gonzalo garcía de Vitoria refíxose da derrota da pasada semana no Pazo diante do Almansa cun triunfo convincente.

Gañaron os galegos por oito puntos de diferenza, nun partido que tivo moitas alternativas pero con dominio viistante contra o final. Salientou o magnífico partido de Óscar Alvarado, que obtivo 29 puntos de valaroración. O seu enconro foi completísimo, con 19 puntos, 4 rebotes e 7 asistencias. Estivo ben apoiado por Kevin Van Wijl, autor de 13 puntos, e Alfredo Ott, que aportou 10. 

Entre todos compensaron un dos peores partidos ofensivos de Darko Balaban, que só puido conseguir dous puntos.

Por parte do Catelló salientou Djukanovic, pesadelo para o COB, con 24 puntos. A tripleta formada por el, Juanjo García e Wade-Chatman foron a insuficiente achega do conxunto local.

Dúas triplas seguidas de Van Wijk e Connor Wood colocaron un 70-79 a tres minutos do final que xa non obtivo resposta.

É a décima vitoria en 19 partidos para o equipo ourensán, que retoma forza na loita polo playoff.

 

 

 

Noticias web

25/01/2020