CRTVG

Buscar

O COB persegue o soño do ascenso á ACB

Publicado o 28/05/2019 20:39

O COB traballa coa vista posta na final a catro que esta fin de semana disputará en Bilbao. Medirase co Palma, un rival difícil co que caeron nos dous partidos de liga.

Os de Gonzalo García están a dúas vitorias de conseguir o seu cuarto ascenso á ACB. Un obxectivo impensable ao comezo da campaña, cando se daba por feito que o obxectivo prioritario sería manter a categoría, como lembra Jhornan Zamora: "Estamos máis ilusionados que presionados. Isto é un regalo que apareceu no camiño. Traballamos duro para estar aquí. Ao principio da temporada consideraban que eramos equipo para manter a categoría e ao final estamos entre os catro mellores. Así que ninguna presión".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2019