CRTVG

Buscar

O COB entra na Final Four do ascenso tras vencer ao Oviedo 77-75

Publicado o 17/05/2019 20:06

O COB tiña que dar un golpe na mesa, sentenciar a eliminatoria e poñerse a dous partidos da Liga ACB. E cumpriu, pero as urxencias do Oviedo, na derradeira oportunidade de manter aberta a fiestra do play-off, levaron o partido a un final frenético.

Cunha canastra a chorar do finés Roop Ahonen, o Oviedo forzou unha igualada a 75 con dezasete segundos de partido; unha ultimísima posesión e con todo o pavillón agardando a ver quen xogaba o tiro. Jhornan Zamora asume a responsabilidade e métese na tobeira baixo o aro astur. A pelota está nun tris de rematar na albarda astuariana, pero o venezolano tira de convicción, e de sorte, e repaña pelota para acabar anotando.

Un cádavo de 36 décimas non lle deu ao Oviedo para mirrar a diferenza, pero por piniscos porque o austríaco Douvier non foi quen de tirar proveito do furado aberto na defensa local pola pizarra do porriñés Javi Rodríguez e o COB pelexará cos grandes para seren dos mangallóns a vindeira temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019