CRTVG

Buscar

O COB cae con honor na pista do Betis

Publicado o 21/03/2019 18:08

Baloncesto. Último cuarto sen fortuna do COB Ourense en Sevilla. Partido moi igualado na casa do líder, na pista do Betis. Empate no descanso. No último cuarto o COB entrou con tres puntos por debaixo. Pero, se cadra, o cansazo e a fortaleza física dos homes que dirixe Curro Segura acabaron por conservar a condición de invicto como local do Betis. O COB caeu por oito puntos. Van Wij meteu catorce, once no primeiro cuarto. No Betis destacou o traballo na pintura do ex-breoganista Stainbrook.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019