CRTVG

Buscar

O COB afúndese na parte final do encontro ante o Mallorca

Publicado o 20/12/2019 16:33

Na LEB Ouro, o COB Ourense perdeu no Pazo ante Palma, un dos líderes da categoría, un equipo pensado para ascender.

O COB chegou a gañar por 15 puntos, pero o enorme nivel dos baleares, con xogadores como Johan Löfberg, Erik Quintela ou Joan Tomás, bastoulles para voltear o partido no último cuarto.

Palma anotou 16 triplas. Esa foi a clave. Acabou gañando por 75 a 87.

 

 

Noticias web

20/12/2019