O Clúster da Madeira alíase co deseño galego na busca de novos mercados
Publicado o 09/03/2021 13:53

O Clúster da Madeira de Galicia e o do deseño van colaborar para impulsar a cadea de valor da madeira co apoio da Xunta de Galicia. Trátase de avaliar novos mercados, deseñar catálogos ou elaborar prototipos de cara a comercialización.
O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación destacou que a industria forestal galega ten que aproveitar o proceso de transición ecolóxica e dixital para modernizarse.