CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Club O Carballiño de Bos Aires celebra a súa propia Festa do Polbo

Publicado o 29/08/2016 15:23

O Club O Carballiño de Bos Aires rendeu homenaxe esta fin de semana a un dos manxares culinarios máis representativos de Galicia no mundo: o polbo, que tivo a súa festa grande tamén ao outro lado do Atlántico.

Bos Aires acaba de revivir unha das citas máis importantes do verán galego: a festa do polbo do Carballiño.

Foi grazas a unha xuntanza organizada polos emigrantes deste pobo ourensán na Arxentina, que o celebran con só unhas semanas de diferenza con Galicia por un motivo de peso.

"Por se hai algún paisano que vaia a comer o pulpo ó Carballiño, cando volve pódeo comer aquí tamén".

Do outro lado do Atlántico aínda empregan os caldeiros de cobre, conservan a maña coas tesouras e a receita das pulpeiras do Carballiño.

"Pulpo, como se come no Carballiño, abundante e ben feito non se come en toda a Arxentina".

"Aprobado. 10 puntos aos cociñeiros".

Unha idea coa que parecen concordar a maioría dos comensáis.

"600 quilos de polbo para combater a morriña de moitos dos que hoxe viñero aquí. Case 500 persoas para disfrutar dun dos pratos máis típicos da nosa terra. Que, por certo, por algo acaba de ser nomeado como unha das marabillas gastronómicas de España".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí