CRTVG

Buscar

O Clínico de Santiago probará a vacina de Janssen en adolescentes

Publicado o 05/04/2021 16:07

Galicia probará as vacinas da covid en menores de familias voluntarias. O Hospital de Santiago formará parte dun ensaio pioneiro a nivel mundial que se vai poñer en marcha a vindeira semana.

O Clínico comezará probando a vacina de Janssen en adolescentes de entre 18 e 15 anos. Nesta primeira parte do ensaio participan 50 persoas. Máis adiante, vaise completar con doses de Pfizer. Daquela, ampliarase a menores de 15 e a lactantes. 

O obxectivo é coñecer a eficacia das vacinas nos menores para poder comezar cando antes a inmunizalos. No hospital de Santiago agardan que a campaña poida comezar antes do vindeiro curso escolar.

As vacinas tamén se van probar neste centro hospitalario en embarazadas nun par de meses.

Noticias web

05/04/2021