CRTVG

Buscar

O clima e a aposta pola calidade fan de Sanxenxo o líder turístico do noroeste

Publicado o 04/09/2021 14:13

A saída desta etapa de La Vuelta encheu este sábado hoteis e paseos de Sanxenxo, pero o balbordo non é unha excepción neste concello turístico do Salnés que se consagra como a gran localidade turística do noroeste peninsular por varias razóns.

Así o entenden os milleiros de turistas que recuncan en Sanxenxo como esta valisoletana que leva vindo 17 anos a esta localidade.
Tamén gozan de Sanxenxo os que veñen por vez primeira como os relacionados co evento desta fin de semana.

Logo dos datos de xullo e agosto en que as ocupacións hostaleiras dalgúns establecementos roldaron o 81 % en xullo e o 92 % en agosto, polo de agora setembro mantense nun 70 %, o sector agarda que a climatoloxía sexa propicia, malia que este ano a inestabilidade apenas afectou os establecementos como adoita facer.

Noticias web

04/09/2021