O Cisne xogará na Asobal e o Cangas mantén a categoría
Queda pendente a celebración dun momento histórico para un club con estrutura moi familiar, que foi líder da categoría toda a temporada e con todos os xogadores do vestiario galegos.
Un dos fillos do presidente que aínda xoga é Pablo Picallo, 23 anos no club. Unha vida de balonmán no Cisne.
Un caso atípico no balonmán. David Chapela, un pontevedrés que ascende á Asobal con dous equipos da cidade: o Teucro e o Cisne.
O Cisne atoparase na Asobal co Frigoríficos do Morrazo. Será a temporada número 21 do club de Cangas na elite, nun curso quizais, cando menos ata o 2021, sen afeccionados nas bancadas.
O balonmán feminino manterá na división de hora os dous equipos galegos: Mecalia Atlético Guardés pecha a liga cun novo billete para competir en Europa e o Porriño salva a categoría e renova a líder do equipo, Anthía Espiñeira.