CRTVG

Buscar

O Cisne perde e podería descender de xeito matemático a vindeira xornada

Publicado o 25/04/2021 10:14

O Dicsa Modular Cisne perdeu por 25-30 diante do Atlético Valladolid e podería descender de xeito matemático a vindeira xornada. O partido torceuse nos primeiros minutos cando os visitantes colleron unha vantaxe de seis goles (6-12) que foi imposible de remontar para o cadro pontevedrés. 

Malia loitar ata o final en ningún momento conseguiron estar por debaixo dos catro goles, diferenza de seguridade que mantivo Valladolid nos distintos arreóns do Cisne. 

Noticias web

25/04/2021