O Cisne agarda á xuntanza da ASOBAL para comezar a planificar a vindeira temporada
Publicado o 24/05/2020 18:51
A mediados do mes de xuño celerarase a xuntanza da liga ASOBAL, na que haberá esta campaña dous representates do país: o Cangas e o Cisne.
Desde a directiva do cadro pontevedrés, acabado de ascender, quéixanse da incerteza sobre os requisitos ncesarios para participar na competición, que nesta edición especial contará con 18 equipos e haberá catro descensos.
O equipo de Jabato, dirixido desde os despachos polos irmáns Picallo, pretende manter a política de canteira e xogar con maioría de galegos no primeiro equipo. Saír a xogar en boas condicións nunha das mellores ligas do mundo non vai ser doado.
"Agradamos a xuntanza da ASOBAL para ver os requisitos necesarios e comezar a planificar", explicou Javier Picallo, vicepresidente do Cisne.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 21:48